Recollen doazóns de sangue no Cádavo

LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 5 de novembro no Concello de Baleira para recoller as doazóns dos veciños.
doazon sangue
doazon sangue
3 Nov 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 5 de novembro no Concello de Baleira para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.00 horas ao carón do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

Doa Sangue o cadavo
0.098501920700073