Recollen doazóns de sangue o mércores e o xoves en Lugo
A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores e xoves, días 7 e 8 de abril, en Lugo, para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
Mañá mércores, o vehículo prestará servizo entre as 09.30 e as 14.30 horas na entrada do aparcamento da Facultade de Ciencias. Xa pola tarde, situarase á altura do número 168 da Ronda das Fontiñas, onde recollerá doazóns en horario de 15.30 a 21.00 horas.
O xoves, a unidade móbil estará dentro do recinto do CIFP As Mercedes, de 9.30 a 14.30 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e, no caso de ir despois de xantar, esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar e no seu caso tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.