Remata a reconstrución integral da estrutura do muro na rúa Frai Plácido Rei Lemos

LugoXa
Arroxo subliñou que esta nova intervención proporciona unha nova conexión para o barrio de Recatelo co Parque, "sen barreiras arquitectónicas"
muro-rúa-Frei-Plácido-de-Lemos
11 Apr 2025

O Goberno de Lugo acaba de rematar a reconstrución integral da estrutura do muro na rúa Frai Plácido Rei Lemos, un proxecto que mellora tanto a accesibilidade como a integración paisaxística da zona.

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, destacou a importancia desta intervención, que crea "un percorrido accesible para toda a veciñanza cunha rampa pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz e que remata na rúa Cidade de Viveiro".

Arroxo subliñou que esta nova intervención proporciona unha nova conexión para o barrio de Recatelo co Parque, "sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas as persoas, con novas zonas verdes, mobiliario urbano e espazos de descanso e convivencia". O tenente alcalde explicou que a actuación mellora a accesibilidade ao mesmo tempo que crea espazos máis agradables para a veciñanza.

A obra tamén mellora a integración paisaxística do muro, ao tempo que elimina a barreira arquitectónica que se presentaba pola diferenza de cotas. A intervención aplicou criterios de respecto polo entorno e mellora estética, resolvendo a diferenza de alturas cunha solución orgánica e integrada. "Escalonouse o muro en distintos bancais, o que reduce o impacto visual da estrutura e crea novos espazos útiles", explicou Rubén Arroxo.

Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía decidiu actuar sobre este muro despois de que os servizos técnicos do Concello de Lugo revisasen durante máis de 15 anos o desgaste da estrutura antiga. A finais de 2022, acordouse que era necesario actuar antes de que o deterioro fose maior. A primeira fase consistiu no apuntalamento do antigo muro, o que permitiu realizar catas para avaliar con máis detalle o estado da estrutura.

O proxecto de reconstrucción foi executado ao longo de 2023, cun investimento total de 747.862,97 euros. Esta intervención, ademais de mellorar a accesibilidade, tamén favorece a creación de novos espazos verdes e zonas de descanso, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas da zona.

⚙ Configurar cookies
0.16612410545349