Rematadas as obras de renovación do firme na rúa Celso Emilio Ferreiro

Xa están rematadas as obras de renovación do firme na rúa Celso Emilio Ferreiro, un proxecto que foi levado a cabo polo Goberno de Lugo para mellorar a calidade das vías da cidade.
As obras consistiron na reconstrucción do paquete de firme en todo o seu espesor, co obxectivo de evitar que os defectos na capa base afectaran á capa de rodadura. A renovación incluíu a instalación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que proporciona un selado eficaz contra a acción da auga superficial e asegura unha maior durabilidade da actuación.
Unha vez pavimentada a vía, tamén se adaptaron os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e renovouse a sinalización, completando así a intervención para mellorar a accesibilidade e seguridade dos usuarios da rúa Celso Emilio Ferreiro.
O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, destacou a importancia destas actuacións ao asegurar que "garanten o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade", ao tempo que subliñou o compromiso do Goberno local por "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".