Rematan as asembleas informativas da Plataforma Sanitaria cun balance moi positivo
O ciclo de asembleas informativas convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña rematou coa celebración da última das tres que se organizaron, no Centro Sociocultural de Alfoz. O acto foi un éxito tanto en asistencia como en participación, ao igual que nas celebradas en Viveiro e Barreiros.
O formato das asembleas foi igual nas tres, comezando cunha exposición da situación sanitaria en Galiza en xeral e avanzando ata a comarca da Mariña . Os actos contaron coa presencia de diversos colectivos para analizar todos os ámbitos. Integrantes da Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública abriron os actos para falar do desmantelamento progresivo e continuado, do que está a ser vítima a Atención Primaria, con desabastecemento de material e falta de cobertura dos permisos ou baixas do persoal.
Este colectivo sanitario abordarou tamén a ampliación do hospital da Mariña, ampliación moi necesaria e conseguida froito da loita social durante anos.Lamentaron que esa gran obra civil non fora acompañada de novas prestacións de servizos coma a resonancia fixa prometida cando houbese sitio para ela, a densitometría ósea,as placas dentais ou a electromiografía e electroencefalografía. Igualmente tratouse a blindaxe de servizos existentes no hospital e a creación de novos servizos e prestacións, que consideramos básicas e irrenunciables para a dotación dun hospital .O aumento das listas de agarda a pesares da maquillaxe de datos por parte do SERGAS foi un dos temas que causou máis indignación a veciñas e veciños.
Enfermeiras Eventuais en Loita
A continuación o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita puxo de manifesto que a precariedade laboral á que teñen sometido a este colectivo, acumulando máis de cincocentos contratos tras dez anos de traballo ,sen dereitos a descansos reglamentarios, vacacións ou sabendo que se collen unha baixa por enfermidade lles vai supoñer a non renovación dalgún un pouco máis longo ( de un mes), repercute directamente sobre sobre a calidade asistencial. “ Non podemos impartir os coidados que @s pacientes merecen cando estamos cada día nun sitio diferente, sen ter a oportunidade de coñecer a historia e evolución da persoa enferma,e eso perxudica á sua evolución ao tempo que causa frustración en nós”-lamentan.
Supresión dun técnico na ambulancia medicalizada
Nas asembleas participou tamén un TES,que analizou as consecuencias para a comarca da supresión dun dos técnicos da ambulancia medicalizada.Explicou que no caso dunha emerxencia que precise da presencia da ambulancia medicalizada,os efectivos actuales non son suficientes e moitas veces teñen que solicitar a presencia dunha segunda ambulancia básica que lles aporte reforzo de persoal, o que implica derroche de recursos e que esta segunda ambulancia non preste servizo noutros lugares mentres esté reforzando á medicalizada.
Represión e censura da dirección do centro ao retirar dúas pancartas da fachada do hospital
A retirada no día de onte de dúas pancartas da fachada do hospital por parte da dirección do centro, en cumplimento da instrucción emitida polo SERGAS, causa indignación no colectivo, que ve nestas actuacións un acto represivo e de censura sanitaria. Segundo os activistas sanitarios, estas actuacións propias de gobernos totalitarios , que nos retrotraen a tempos da dictadura, non van conseguir que deixemos de informar, de mobilizarnos e de protestar polas políticas de privatización e de desmantelamento da sanidade pública.”Lonxe de conseguir o seu obxectivo, o que lograrán será o efecto contrario, magnificando as mobilizacións”-conclúen