Rematan as obras de rexeneración do firme en García Portela e na rotonda da praza de Avilés

LugoXa
Finalizan as obras de renovación do asfalto da avenida García Portela e da rotonda da praza de Avilés que levou a cabo o Goberno de Lugo
Garcia Portela asfalto obraas
12 Dec 2022

Finalizan as obras de renovación do asfalto da avenida García Portela e da rotonda da praza de Avilés que levou a cabo o Goberno de Lugo a través da concellería de Infraestruturas Urbanas segundo informa o tenente alcalde. Arroxo explicou que “esta zona acolle unha gran cantidade de tráfico e contaba cun asfalto moi deteriorado”.

O Tenente Alcalde anunciou que “unha vez completada esta actuación, a veciñanza que reside e traballa por esta zona poderá desfrutar dunha rúa totalmente renovada”.

Os traballos que se executaron nesta zona consisten na renovación da banda de rodadura aplicando mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación.

"Desde o Goberno de Lugo seguimos traballando para que todas as infraestruturas públicas da cidade estén en bo estado, tanto na zona urbana como nos barrios periurbanos, mellorando a cidade e aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas”, afirmou Rubén Arroxo e explicou que “agardamos unha mellora do tempo para acometer o pintado horizontal destes espazos”.

0.21131682395935