Rematan o sábado os actos de homenaxe a Avelino Díaz
O poeta Avelino Díaz está a ser lembrado polos 125 anos do seu nacemento cunha serie de actos. O poeta naceu na Órrea (Riotorto) en 1897 e morreu en Bos Aires en 1971 pero tamén viviu en Meira en varias etapas da súa vida.
O primeiro acto de lembranza tivo lugar en Lugo o día 25, coa presentación do libro Avelino Díaz, unha voz comprometida na Galicia emigrante, de Marivel Freire, e do libro-guía Andainas con Avelino Díaz, de Isabel Pin. As actuacións de Azucena Gavín e de Mero Iglesias completaron o programa.
O 3 de decembro fíxose paseo por Meira e arredores, preparado co título Andainas con Avelino Díaz que terá un percorrido de tres quilómetros.
Ese mesmo día, pero pola tarde houbo un pasacalles e unha actuación no cabanón do Convento, coa intervención de varios grupos. A Quenlla actuou ás 23 horas como colofón.
Así, este sábado, 10 de decembro, rematarán os actos na casa do Concello, ás 12 horas. O profesor César Camoira ofrecerá unha conferencia co título Como interpetamos a Avelino Díaz?. O acto será presentado por Laura Alonso Carracedo, deseñadora de Espasande de Baixo, e nel intervirán de xeito directo oito persoas da comarca.
O poeta desenvolveu a súa traxectoria poética na emigración. A asociación que leva o seu nome, organizadora destes actos, está a loitar dende hai anos para que Avelino Díaz chegue a ser protagonista dun Día das Letras Galegas.