Remataron as obras no paseo dos Bloques de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 Feb 2020

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que quedou aberto o paseo dos Bloques, que hai un mes quedou obstruído polo derrubamento dun noiro de terra. As obras xa están rematadas.

O rexedor dixo: “quero anunciar de xeito informativo que a partires de hoxe vai quedar reaberto este paseo dos Bloques, este carreiro que discorre pola praia dos Bloques e que se interna na Vilavella, que hai cousa dun mes foi obstruído polo derrubamento dun noiro (talude) de terra que provocou o corte deste sendeiro”.

Fernando Suárez explicou que “desde aquela estivemos, a través dunha actuación de emerxencia autorizada por Costas, polo Ministerio de Medio Ambiente, facendo desde o Concello de Ribadeo, e con cargo a fondos propios municipais, os traballos de estabilización deste noiro para garantir a seguridade pública dos viandantes e dos bañistas que na época estival ateigan esta praia”.

O alcalde sinallou que “as obras se fixeron correctamente e con moi bo acabado, levounas adiante a empresa ConstruChispa de Ribadeo, e esperemos que quede definitivamente estabilizado este noiro e que non sexa máis un perigo”.

0.19964790344238