Renovado parque infantil de Augas Férreas

LugoXa
Reabriu as súas portas o parque infantil de Augas Férreas trala súa ampliación e a instalación da cuberta no Concello de Lugo
parque infantil augas ferreas
23 Sep 2021

Reabriu as súas portas o parque infantil de Augas Férreas trala súa ampliación e a instalación da cuberta para o que se destinaron 166.400 euros.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apuntou que “se trata dun espazo moi empregado polos veciños e veciñas do barrio como zona de encontro e de lecer, deste xeito, seguimos mellorando dotacións públicas para disfrute da cidadanía, ao tempo que habilitamos espazos de socialización e de conciliación familiar para os e as lucenses, dentro do modelo de cidade verde e sostible”.

Con estes traballos, o parque aumentou un terzo o seu tamaño. A superficie final habilitada como área de xogos é de case 400 m2 (396.88 m2), dos cales 236 m2 coinciden coa área existente e 160 m2 coa ampliación.

O parque conta cun perímetro en forma de “L” que resulta da agregación de dous rectángulos de dimensións 13.11 x 18.05 metros e 6.42 x 24.97 metros, coincidentes coas áreas existente e ampliación respectivamente.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

As obras incluíron tres tipos de actuacións principais. Por un lado, leváronse a cabo tarefas de acondicionamento que incluíron a retirada e substitución do pavimento e céspede artificial existente, para a colocación dun novo pavimento de caucho amortiguante na totalidade da área de xogos.

Tamén se fixeron traballos de posta a punto en xogos existentes incluíndo o lixado, saneamento e vernizado das pezas de madeira; lixado e esmaltado con tratamento antioxidante dos elementos metálicos, incluíndo repasos de  tornillería, ancoraxes, etcétera.

Restirouse e recolocouse o valado de aceiro inoxidable, así como o bordo perimetral para consecución dunha única cota e reparación da superficie afectada. E, por último, a recolocación e reordenación dos xogos existentes.

A actuación tamén contemplou a ampliación do parque coa instalación dun novo xogo infantil de escalada ao aire libre (rocódromo) para  nenos de 5 a 8 anos, dunha altura total máxima de 3 metros e cunha área de seguridade de 52 m2. E a instalación dun novo pórtico triplo, composto por un asento niño e dous asentos planos, un inclusivo e o outro para bebés, e todo iso cunha área de seguridade que ocupa unha superficie de 19 m2.

Os traballaron completáronse coa cubrición completa do parque, mediante a colocación dunha estrutura con pórticos de aceiro e a base de placas de policarbonato translúcidas. A altura libre baixo a nova cuberta é dun mínimo de 2,51 metros na fachada suroeste e dun máximo de 5,29 metros na fachada noroeste, quedando accesibles a totalidade das fachadas ao non proxectarse cerramentos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18383002281189