Renovan o asfalto en San Fiz, en Lugo

LugoXa
Os traballos que executará o Goberno de Lugo consisten en renovar a capa de rodadura para o tráfico rodado
san-fiz-Lugo
san-fiz-Lugo
8 Xul 2024

A concellería de Infraestruturas está a traballar na renovación do asfalto de San Fiz. Rubén Arroxo explicou que "continuamos a investir nas zonas urbanas e periurbanas de Lugo cunha nova actuación en zonas que presentaban un avanzado estado de desgaste". O Goberno de Lugo renovará o asfalto da corredoira entre as vivendas 23, 22 e 19, a pista de acceso ao Camiño da Igrexa, 32, o camiño da Costa, a pista de acceso á Igrexa, a pista de acceso aos chalés, o acceso á Tolda e a rúa das Laxes.

Os traballos que executará o Goberno de Lugo consisten en renovar a capa de rodadura para o tráfico rodado baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, mentres que nas rúas nas que actualmente se conta cunha capa de rodadura baseada en formigón, demolerase o pavimento actual e instalarase unha nova capa de formigón fibrado de 20cm de espesor, o que permitirá que conte con elementos de reforzo. Renovarase tamén a sinalización vertical e horizontal

Os traballos foron adxudicados por 80.302,57 euros, e contan cun prazo de execución de 8 semanas. "Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas industriais, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas", afirmou Rubén Arroxo, que lembrou que nos últimos anos se realizaron intervencións para mellorar os espazos públicos en todas as rúas e zonas da cidade, planificando as necesidades tanto a través das solicitudes das veciñas e veciños como das distintas visitas aos barrios.

0.19079184532166