Renovan o firme do aparcadoiro público de Ramón Ferreiro de Lugo

LugoXa
Renovan a capa de rodadura do aparcadoiro público localizado no número 45 da rúa Ramón Ferreiro
aparcadoiro-público-de-Ramón-Ferreiro
aparcadoiro-público-de-Ramón-Ferreiro
4 Xul 2024

Renovan a capa de rodadura do aparcadoiro público localizado no número 45 da rúa Ramón Ferreiro. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, explicou que "renovamos este aparcadoiro que ten unha capacidade aproximada de 50 vehículos, dando dispoñibilidade para estacionar na contorna do centro da cidade". Os traballos executados nas últimas semanas consistiron na renovación do aparcadoiro e da súa sinalización, "cunha solución que garanta a calidade deste espazo e a durabilidade da intervención".

Arroxo anunciou tamén os datos das intervención da Brigada Municipal de Vías e Obras no segundo trimestre do 2024. En total foron 302 intervención, das cales 107 foron pequeñas reparacións en beirarrúas, como substitucións de baldosas soltas ou deterioradas, 83 a renovación de sinalización viaria, 56 intervencións de reparacións de baches e fochancas, 30 renovación de bolardos ou 11 tapas de rexistro. A este traballo súmanse outras preto de 60 actuacións realizadas a través do contrato de mantemento de vías públicas da Concellería de Infraestruturas, que permite, segundo explicou Rubén Arroxo, "atender ás actuacións de maior tamaño ás que a Brigada non pode facer fronte".

Destacou a importante labor da Brigada Municipal de Vías e Obras "atendendo ás solicitudes da veciñanza e executando reparacións pequenas que melloran o día a día das veciñas e veciños de Lugo", explicou Arroxo. O Tenente Alcalde lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".

0.18556094169617