Rente ao Couce celebrará a VI Subida á Pena do Pico e a IV Rapa das Bestas dentro das festas de San Lourenzo

LugoXa
As actividades desenvolveranse os días 7 e 8 de agosto cun programa que combina deporte, tradición e convivencia veciñal
San-Lourenzo-26-Becerreá
4 Aug 2026

A asociación Seara Verde xa deu a coñecer o cartel das festas de San Lourenzo 2026, que volverán converter a parroquia de Rente ao Couce, no concello de Becerreá, nun punto de encontro para os amantes da natureza, o deporte e as tradicións populares.

A programación arrancará o venres 7 de agosto coa sexta edición da Subida á Pena do Pico. A saída está prevista para as 20.00 horas desde o centro social de Becerreá e os participantes poderán completar o percorrido correndo, en bicicleta, camiñando ou mesmo a cabalo. Ao remate da actividade terá lugar a entrega de trofeos, seguida dunha foliada e petiscos para os asistentes.

A xornada do sábado 8 de agosto estará centrada na IV Rapa das Bestas. Os actos comezarán ás 12.00 horas cunha misa, á que seguirá unha sesión vermú e foliada a partir das 12.30 horas. O xantar popular celebrarase ás 14.00 horas e a rapa das bestas dará comezo ás 16.00 horas.

O evento busca poñer en valor o patrimonio natural e cultural da zona a través dunha proposta que une actividade física, tradición ecuestre e convivencia. A cita conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Becerreá.

0.12103796005249