Rente ao Couce organiza unha nova edición do club de lectura

LugoXa
A Asociación Rente ao Couce organiza unha nova edición do club de lectura este venres 24 de febreiro no Bar Pistón
Club Lectura rente ao couce portada
Club Lectura rente ao couce portada
22 Feb 2023

A asociación cultural Rente ao Couce organiza unha nova edición da actividade mensual de club de lectura que terá lugar este venres 24 de febreiro. 

A actividade dará comezo ás 20.00 no bar Pistón e nesta ocasión o encontro será arredor dun libro para todas as idades, As Meigas de Lupa da autora María Solar. 

Con esta actividade a asociación busca fomentar o amor polos libros, un ocio diferente e a defensa da nosa cultura e da nosa lingua. 

Rente ao couce club lectura
0.206130027771