Reparten en Lugo un kit de limpeza para os ouriños dos cans

LugoXa

O Concello de Lugo ten a disposición da cidadanía o kit de limpieza da campaña ‘Lu.

15 abr 2024

O Concello de Lugo ten a disposición da cidadanía o kit de limpieza da campaña ‘Lu...guau!!’, consistente nun recipiente con vinagre branco que actúa de desinfectante natural para aclarar os ouriños dos cans e evitar malos olores, tanto na oficina de atención cidadá LuceLugo, ubicada na rúa Clérigos, como nas oficinas do servizo de Medio Ambiente, situadas no edificio administrativo do Seminario.

O concelleiro Miguel Fernández apelou á responsabilidade colectiva e á obriga dos donos de cans no coidado e limpeza tanto dos espazos públicos da cidade como nas fachadas das vivendas privadas, evitando manchas e malos cheiros. Neste senso, convidou ás e aos lucenses a unirse a esta campaña municipal, coa que o executivo de Paula Alvarellos busca concienciar aos propietarios dos cans para que sexan proactivos na limpeza dos ouriños das súas mascotas.

“Na nosa cidade contamos cun censo de máis de 15.000 mascotas, por iso é importante que nos corresponsabilicemos non só dos seus coidados, senón tamén do coidado e limpeza da cidade, en colaboración coa importante labor que está a desempeñar o servizo de Luce Lugo, sendo respectuosos cos espazos públicos e co mobiliario urbano, así como coas fachadas e portais das vivendas particulares”, indicou.

Esta campaña municipal supón a distribución de forma gratuíta dun kit hixienizante, que inclúe máis de 1.000 recipientes con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural, que serán reutilizables. O líquido deberá botarse tras os ouriños dos cans para aclaralos e evitar malos olores e axudar, así mesmo, a que outras mascotas ouriñen no mesmo sitio.

Deste xeito, a veciñanza pode recoller os recipientes na oficina de atención cidadá do servizo de limpeza e recollida de lixo municipal, LuceLugo, de luns a venres laborables, en horario de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:15 horas; ou ben nas oficinas do servizo de Medio Ambiente, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.