Repiten en Muras o curso de primeiros auxilios
TerraChaXa | LugoXa
Debido ao éxito obtido a pasada fin de semana e a que moita xente quedou fóra, este sábado 12 e domingo 13 terá lugar de novo na Casa do Médico de Muras o curso de primeiros auxilios dirixido a persoal no sanitario.
10 Dec 2020

As sesións desenvolveranse o día 12, sábado, de 10.00 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas e o domingo no mesmo horario pero só de mañá.
As prazas dispoñibles están limitadas polo que é necesario inscribirse. Ten que facerse no teléfono 982 500 001 ou en servizosxerais@muras.gal.
Só se permitirán 6 persoas por xornada e o curso estará ao cargo de María Inmaculada Pumariño Rigeura, instrutora de Semicyuc.