Reque acolle un curso para profesionais sobre educación na natureza

LugoXa
O espazo permacultural a carón do río Rato acollerá os vindeiros 9 e 10de xullo unha formación sobre educación na natureza
Programa Reque
2 Xul 2022

O Espazo Permacultural Lugar de Reque, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no paseo do río Rato, en Lugo, acollerá os vindeiro 9 e 10 de xullo un curso sobre educación na natureza no que se abordarán as posibilidades que ofrecen os entornos naturais para a aprendizaxe.

O curso, impartido polas educadoras Bibiana Marful, Sofía Otero e Carmen Fuenteseca do proxecto Nenea, medrar creando, ofrecerá unha formación vivencial sobre a educación na natureza, proporcionando as bases teóricas que sustentan este modelo pedagóxico e tamén o seu desenvolvemento no día a día. Tratarase a importancia do acompañamento respectuoso coa infancia e tamén as súas multiples linguaxes, sinalando como se dan as aprendizaxes en contacto coa natureza.

A formación vai dirixida fundamental a mestras, pedagogas e outras profesionais do ámbito educativo e desenvolverase de 10.00 a 14.00  horas e de 15.30 a 19.30 horas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente, a través do enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome completo, número de DNI e teléfono xunto a un ha breve descrición do perfil profesional ou persoal. O prazo remata o vindeiro 6 de xullo. Anotarase por orde de inscrición, con preferencia para profesionais da educación.

0.18428206443787