Restablecen o tráfico na A-6 tras as retencións provocadas por un camión avariado en Baralla
LugoXa
Un camión avariado na A-6 provocou atascos de tres quilómetros e obrigou a desviar o tráfico da autovía
21 Aug 2024
Un camión avariado na A-6 provocou atascos de tres quilómetros e obrigou a desviar o tráfico da autovía xa que quedou obstaculizada a circulación nunha zona na que só se mantiña un carril en cada sentido da marcha. O atasco tivo lugar á altura do punto quilométrico 464 da A-6, no termino municipal entre Baralla e Becerreá, e provocou retencións dende o mediodía. Segundo indican, o camión que se avariou no túnel de Neira de Rei obstaculizou durante unha hora a cirrculación nun tramo de obras, polo que foi necesario activar desvíos pola saída 469 en sentido Madrid.