Ribadeo conta cunha nova comisión do Entroido

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Feb 2020

Constituíse a nova comisión do Entroido ribadense, que preside Alfonso Rodil. Tivo lugar unha xuntanza no Concello á que asistiron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o alcalde, Fernando Suárez, e a técnica de Cultura, Neves Paz.

Otero Cabarcos sinalou que “comezamos a fin de semana con boas novas. Xa temos nova comisión do Entroido en Ribadeo e, aínda que con pouca marxe de tempo, está comezando a traballar arreo para que Ribadeo disfrute dun Entroido divertido para toda a veciñanza”.

A concelleira de Cultura contou que “as persoas que forman a comisión teñen experiencia, forza e ilusión, e seguro que contarán co apoio de moita xente”. O presidente é Alfonso Rodil Veiga; a vicepresidenta, Amelia Blanco Lombardero; Juan Valle Rafols é o secretario; Mª Susana Álvarez Rodríguez é a tesoureira e os vogais son Juan Fernández Andina e Juana Ruíz Misioné Nuchi.

A edil engadiu que “nesta semana xa comezarán a demandar a axuda e colaboración de todos os sectores e asociacións implicadas nestas festas e darán a coñecer o programa proximamente”.

0.16273593902588