Ribadeo homenaxeou a xogadores de 14 modalidades na gala do deporte

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo homenaxeou no transcurso da VI Gala do Deporte a preto de 300 deportistas locais de 14 modalidades polos éxitos conseguidos ao longo dos últimos meses.
Captura de pantalla 2020 01 31 a las 13.41.42
1 Nov 2019

O Concello de Ribadeo homenaxeou no transcurso da VI Gala do Deporte a preto de 300 deportistas locais de 14 modalidades polos éxitos conseguidos ao longo dos últimos meses. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. 

O Concello fixo entrega de estatuíñas aos deportistas que destacaron nas súas modalidades deportivas en equipo ou de xeito individual. As disciplinas foron ximnasia rítmica, tiro, tenis de mesa, surf, rugby, remo, piragüismo, hockei liña, fútbol sala, fútbol, bolos, billarda, baloncesto e atletismo. 

A VI Gala do Deporte celebrouse no Pavillón de Deportes de Ribadeo. Os homenaxeados estiveron arroupados por familiares e amigos. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18643879890442