Ribadeo ofrece de novo, do 18 ao 20 de setembro, a Xeoruta dos Arcos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ofrece novas experiencias turísticas, que só se poden vivir unha vez ao ano.
Captura de pantalla 2019 06 14 a las 12.45.08
15 Sep 2020

O Concello de Ribadeo ofrece novas experiencias turísticas, que só se poden vivir unha vez ao ano. Iso correrá do 18 ao 20 de setembro cunha edición especial da Xeoruta dos Arcos, que se realizará aproveitando unha das mareas máis grandes deste 2020. As prazas para participar están practicamente esgotadas. 

A costa de Ribadeo, conta cunha riqueza xeomorfolóxica salientable e excepcional, que fan deste espazo un referente xeolóxico tanto a nivel nacional como internacional. É un enclave natural dun alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos, cuxo máximo expoñente é a presenza do maior conxunto de arcos rochosos da Península Ibérica, os da praia de As Catedrais en Ribadeo.

Baixo esta premisa naceron no ano 2015 no Concello de Ribadeo, as Xeorutas, tres itinerarios xeolóxicos cos que pretenden mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades do litoral. Este ano, volven apostar as Xeorutas (dos Arcos, dos Pregues e dos Ollos). Nesta ocasión, ampliando a súa oferta con máis saídas ao longo do verán, debido á súa alta demanda detectada. Con elas podese redescubrir o litoral con ollos dun xeólogo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17685484886169