Ribadeo organiza unha nova edición da carreira de San Silvestre

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Dec 2019

O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición da carreira San Silvestre 2019 que se celebrará o 31 de decembro. A inscrición ábrese esta medianoite. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico de Deportes, Iván López. 

As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16.40 horas polas rúas peonís de Ribadeo. A saída da proba absoluta será ás 17:00 horas.

O recorrido da Mini Sal Silvestre de Pitufos terá unha distancia de 100 metros e a saída será diante da Oficina de Turismo para rematar diante do Concello. Nesta categoría inclúense os nados en 2016, 2017, 2018 e 2019 (que saiban camiñar). Esta proba será non competitiva e haberá medallas para tódol@s corredores/as inscritos chegados a meta.

A Mini San Silvestre para Iniciación e Prebenxamín, para nados entre 2012 e 2015, dará comezo ás 16:45 horas, terá unha distancia de 400 metros e consistirá nunha volta ao parque San Francisco con saída e chegada diante do Concello. Nesta proba haberá trofeo para o primeir@ corredor e corredora e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A Milla para as categorías Benxamín e Alevín, nados entre 2008 e 2011, comezará ás 16:50 horas, terá unha distancia de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo, con saída entre os parques e chegada á praza de España. Haberá trofeo ao primeiro corredor e corredora e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A carreira de San Silvestre Ribadeo 2019 para adultos terá unha distancia de 5.000 metros e sairá entre os dous parques chegando á praza de España, diante do Concello. Nesta proba participarán as categorías: Infantil, Cadete, Junior, Senior, Veteran@ A-B-C-D e Vehículo Adaptado. Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (masculino e feminino), trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e tres mulleres da categoría absoluta, para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres ribadenses e para o corredor máis veterano e a corredora máis veterana en rematar a proba. Os premios serán de 100, 50 e 25 euros e non son acumulativos.

A inscrición é gratuíta, cun máximo de 400 inscritos en carreiras de nen@s e 1.000 en adultos. O prazo para anotarse da comezo esta media noite e remata o 26 de decembro ás 23.59 horas. Pode facerse en www.championchipnorte.com.; de xeito presencial nas oficinas de deportes e información xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude, ata o 26 de decembro ás 14:00 horas; e por mail en deportes@ribadeo.org ata o 26 de decembro ás 14:00 horas.

A retirada dos chips e dorsais terá lugar o 31 de decembro de 11.45 e 13.00 horas e de 15.00 a 16.15 horas no Concello de Ribadeo. Os corredores con chip propio deberán levalo para a carreira. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante.

Toda a información sobre a proba estará dispoñible na páxina sansilvestre.ribadeo.org. 

0.15998816490173