Ribadeo saca a licitación as obras do camiño dos barrios de Saa e Somo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación polo procedemento aberto simplificado e por un importe de 58.
7 Xan 2020

O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación polo procedemento aberto simplificado e por un importe de 58.436,87 euros as obras de arranxo do camiño que desde a estrada LU-131 dá servizo os barrios de Saa e Somo, na parroquia de Covelas nunha lonxitude total de 1 quilómetro.  

O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explicou que “as melloras consisten en afirmado cunha capa de zahorra artificial, limpeza de cunetas e corredores, obras de fábrica, firme de aglomerado en quente e de formigón así como a sinalización horizontal e vertical”.

O edil nacionalista dixo que “as empresas interesadas na execución desta obra teñen un prazo de 20 días naturais para presentar as ofertas. O prazo de execución será de dous meses”.

Mundiña subliñou que “coa licitación desta obra o Concello de Ribadeo continúa actuando nas infraestruturas viarias do rural, estando a punto de rematar as melloras en camiños  que cunha lonxitude total de 12,5 quilómetros foron iniciadas no pasado ano e que dan servizo a 17 núcleos rurais de 11 parroquias por un importe de mais de medio millón de euros”.

0.15326404571533