Ribeira de Piquín: Ruta Río Eo-Pena Millares

O Eo, que destaca pola súa biodiversidade, protagoniza este itinerario de gran valor natural que comeza preto da área recreativa fluvial de Chao de Pousadoiro
ruta-rio-eo-pena-millares-ribeira-2
1 Dec 2024

Ribeira de Piquín é un dos municipios máis singulares do interior da montaña lucense. O valor etnográfico do seu patrimonio natural convérteno nun dos concellos de visita obrigada na provincia. Precisamente a riqueza paisaxística definen a Ruta Pena Millares que ten como protagonista ao río Eo, que destaca pola súa gran biodiversidade, o que explica que estea incluído dentro da Reserva Biosfera Eo, Oscos e Terras e Burón.

O percorrido comeza preto da área recreativa fluvial de Chao de Pousadoiro. Os muíños e bosques de galería ofrecen ao visitante a posibilidade de descubrir a flora do lugar na primeira parte da travesía. Tras cruzar a ponte, na marxe dereita do río encóntrase a Acea de Barcia, mentres que os terreos de cultivo e os prados do Carrizal de Barcia acompañan ao camiñante ata chegar á Ponte de San Xorxe. Un desvío permítenos contemplar a súa igrexa románica do século XVIII con altar neoclásico.

Seguindo a ruta, as ruínas da Acea de Campo e os restos da ponte sobre o río indican que estamos preto da Retorta, unha área recreativa onde facer unha parada para repoñer forzas. Reiniciada a marcha ata a estrada, no Rego do Mestre observamos a Acea do Fidalgo e seguindo esa dirección debermos desviarnos polo camiño das Gardiñeiras. Pouco a pouco, poderemos contemplar a maxestuosidade, de lonxe, da Pena de Millares.

O camiño adentrarase no monte de Acebedo e Mestre, nos que os piñeirais, todo tipo de frondosas e o pedregal de Acebedo permitirán escoitar o ruído das augas que discorren por el.

Xa no miradoiro, eríxense en todos o seu esplendor o valor do Eo, a Serra de Pena Armada e a de Meira. Na volta pasaremos por Sadrarín e Barcia, puntos nos que poderemos gozar dos seus hórreos e da capela de San Xoán Degolado, ata chegar, entre piñeiros e eucaliptos, ao comezo da ruta.

ruta-rio-eo-pena-millares-ribeira
0.14451599121094