Río Miño de Portomarín abre as clases de gaita, percusión, pandeireta e baile tradicional

LugoXa
Este curso está orientado a nenos a partir dos 4 anos
asociación_cltural_rio_miño
13 Out 2024

A Asociación Cultural Río Miño abre a inscrición para o novo curso 2024-2025, que comezará o 19 de outubro. As clases desenvolveranse os sábados de 11.30 a 13.30 no Pazo Xeral Paredes. Este curso está orientado a nenos a partir dos 4 anos, ofrecendo formación en gaita, percusión, pandeireta e baile tradicional.

A entidade anima a todas as persoas interesadas a coñecelos e a formar parte deste proxecto cultural que aposta por manter vivas as tradicións musicais e de baile da zona. Para máis información e inscricións, pódese contactar a través das redes sociais de Grupo Río Miño (@acriominho), por teléfono (722 109 075), ou vía correo electrónico (acriominhopoortomarin@gmail.com). Esta é unha boa oportunidade para mergullarse nas tradicións galegas e gozar da música e do baile nun ambiente familiar e divertido.

0.19945502281189