Riomol, en Castroverde, celebra as súas grandes festas
LugoXa
A parroquia de Castroverde, Riomol, celebra o sábado 2 de xullo as súas grandes festas na honra de San Pedro.
26 Xuño 2022
A parroquia de Riomol, no Concello de Castroverde, celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, as súas tradicionais festas na honra de San Pedro.
A celebración arrancará ás 13.30 horas coa misa solemne que irá seguida de procesión. Ao rematar o actos litúrxicos, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Enigma, quen tamén será a encargada de musicar a verbena nocturna, esta vez acompañada da discoteca móbil Infinity.