Román Pérez González e Motopark Lugo organizan o I MX Lucus Camp do 12 ao 15 de agosto

LugoXa
O campamento de motocross desenvolverase no Circuíto Municipal Jorge Prado con prazas limitadas e actividades de formación, adestramento e tecnificación
circuito-Jorge-Prado-Motopark-Lugo
21 Jun 2026

Román Pérez González, xunto a Motopark Lugo, organiza o I MX Lucus Camp, un campamento de motocross que se celebrará entre os días 12 e 15 de agosto no Circuíto Municipal Jorge Prado.

A actividade está orientada á formación e perfeccionamento de pilotos, combinando adestramentos, técnicas de condución e convivencia nunha contorna especializada para a práctica do motocross.

O campamento contará con prazas limitadas e desenvolverase en instalacións preparadas con servizos como auga e luz no paddock e circuíto acondicionado para a práctica deportiva.

0.1375789642334