Roteiro ambiental en Becerreá o vindeiro 3 de xullo
Becerreá acolle o vindeiro 3 de xullo un roteiro ambiental pola reserva. A actividade, dirixida a familias veciñas ou visitantes, levarase a cabo de 11.00 a 18.00 horas e o inicio será no concello de Becerreá.
Así mesmo, e de cara ao futuro, tamén se celebrará un obradoiro de rastros, pegadas e sinais na natureza o 1 de setembro deste ano. Este evento, dirixido tamén a familias, terá un horario de 10.00 a 14 horas e será no centro social de Becerreá. Nesta actividade, dende a organización recomendan aos participantes levar roupa que se poida manchar, así coma unha gorra para protexerse do sol. Tamén se pode levar auga e merenda para a actividade.
As actividades son gratuítas e teñen aforo limitado -no primeiro caso de 20 persoas e no segundo de 10-, polo que é preciso inscribirse previamente no número de teléfono 982 360 704. Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar no enderezo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.
Ademais, dende o Concello recordan que é necesario o uso da máscara, así coma todas as medidas sanitarias presentes no momento de celebración.