Roteiros de Pol presenta o calendario de rutas de sendeirismo para 2026-2027

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A primeira saída terá lugar o 25 de outubro con destino a Oza-Cesuras, na provincia da Coruña
rutas-roteiros-de-pol
6 Oct 2026

A Asociación Roteiros de Pol deu a coñecer o seu programa de camiñadas para a tempada 2026-2027, un calendario que se desenvolverá entre o 1 de outubro de 2026 e o 30 de setembro de 2027 e que combinará percorridos por Galicia, O Bierzo e Asturias.

A primeira saída terá lugar o 25 de outubro con destino a Oza-Cesuras, na provincia da Coruña. Durante os meses seguintes, as persoas participantes visitarán paraxes como Congosto e Molina Seca, no Bierzo, Caión, Samos, Baralla ou Navia, ademais de celebrar a tradicional Ruta do Cocido e a cuarta edición da Ruta dos Fornos en Pol.

O programa inclúe tamén a cea anual da asociación, prevista para o mes de decembro en Pol, así como a participación na XVIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que se celebrará na Pontenova durante o mes de maio, nunha data aínda por confirmar.

A tempada concluirá o 12 de setembro de 2027 cunha ruta polo propio municipio de Pol, poñendo o broche final a un ano de actividades pensado para fomentar o sendeirismo, a convivencia e o coñecemento do patrimonio natural e cultural dos territorios visitados.

A asociación lembra que o calendario poderá sufrir modificacións ou posibles anulacións se así o determina a súa dirección por causas organizativas ou de forza maior.

0.12482714653015