Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coa veciñanza da Garaballa

LugoXa
Presentáronlles o proxecto de mellora das vías públicas do barrio ás veciñas e veciños da zona
arroxo-e-penas-con-vecinos-a-garaballa
Reunión de Arroxo e Penas cos veciños da Garaballa
8 Xuño 2024

O tenente alcalde, Rubén Arroxo xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños da Garaballa para amosar os traballos a executar pola concellería nos vindeiros meses. Arroxo conversou coa veciñanza e trasladou o proxecto elaborado pola Tenencia de Alcaldía, que permitirá "mellorar os accesos ao barrio desde a avenida Infanta Elena e o vial principal do barrio, creando tamén novas beirarrúas para os peóns".

Rubén Arroxo destacou "o esofrzo" que a Tenencia de Alcaldía realiza para atender ás distintas zonas periurbanas de Lugo, e explicou que "barrios como as Gándaras ou galegos recibiron nestes anos unha serie de investimentos importantes que melloraron enormemente a calidade de vida da veciñanza, con actuacións tanto nas rúas e beirarrúas como renovando o alumeado público". Segundo Rubén Arroxo, "seguimos traballando para actuar en todos os barrios e vías da cidade, tanto con actuacións pequenas como eliminación de baches ou renovación de treitos de beirarrúa, como actuacións integrais como a que plantexamos na Garaballa".

O edil de Infraestruturas animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer chegar as súas reclamacións ao Concello, e destacou que estas reclamacións, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar"

0.092993021011353