Rubén Arroxo fai balance "chegamos ao final do mandato co programa electoral cumplido practicamente ao 100%"

LugoXa
Rubén Arroxo fai balance das actuacións executadas polas áreas da Tenencia de Alcaldía do goberno municipal ao longo do presente mandato e destacou que nas 5 áreas de goberno xestionadas polo BNG "cumplimos o noso programa electoral practicamente ao 100%", e tamén que “Lugo pasou nestes anos por grandes cambios, levando adiante proxectos importantes tanto para o concello como para as veciñas e veciños, e executando un proxecto de cidade que mellorou Lugo”.
12 Xan 2023

Rubén Arroxo fai balance das actuacións executadas polas áreas da Tenencia de Alcaldía do goberno municipal ao longo do presente mandato e destacou que nas 5 áreas de goberno xestionadas polo BNG "cumplimos o noso programa electoral practicamente ao 100%", e tamén que “Lugo pasou nestes anos por grandes cambios, levando adiante proxectos importantes tanto para o concello como para as veciñas e veciños, e executando un proxecto de cidade que mellorou Lugo”.

Arroxo afirmou que "non se pode falar deste mandato sen mencionar os cambios no espazo público", e engadiu "no noso programa marcabamos como obxectivo aumentar as zonas peonís, o calmado do tráfico, a renovación do sistema de transporte público ou a posta en marcha de itinerarios escolares seguros, accións que se traballou desde o primeiro día no goberno".

O tenente alcalde destacou "o avance de Lugo" neste período, con 15 novas rúas peonís tanto no centro da cidade como nos distintos barrios, 18.000 metros cadrados de novos espazos peonís en zonas como a Milagrosa, o Sagrado Corazón, Recatelo, Acea de Olga ou a Piringalla.

A Tenencia de Alcaldía traballou tamén no calmado do tráfico, "para cumplir, desde o minuto 1, o compromiso de mellorar a seguridade no espazo público", afirmou Arroxo.

A área de Mobilidade iniciou, ao comezo do mandato, un plan de tráfico nas contornas escolares, o que provocou un efecto chamada en todos os centros de ensino de Lugo, que reclamaron intervencións nos seus entornos. "Con este tipo de accións conseguimos que grupos de nenos e nenas poidan volver a ir ao colexio camiñando sos a través dos vieiros escolares seguros, algo que parecía imposible hai uns anos", afirmou Arroxo, que engadiu "seguiremos avanzando para que non haxa nin un só punto da cidade no que ser un peón sexa motivo de inseguridade, cun paso máis de cara ao ano 2023, reforzando o alumeado nos pasos de peóns".

"Temos a muralla máis antiga do mundo que se conserva na súa totalidade, é  un monumento que, polo seu contexto histórico, é moito máis importante que a torre Eiffel ou a Estatua da Liberdade", afirmou Arroxo, que explicou que "sería inconcebible ver 15.000 coches diarios rozando as pirámides de Guiza, mais en Lugo facíano coa muralla máis antiga do mundo que se conserva completa".

"Imos seguir protexendo a Muralla, retirando vehículos do seu redor, porque a Muralla no futuro será peonil", afirmou Rubén Arroxo, que destacou "hoxe a Muralla xa rexistra 4.000 vehículos diarios menos, e seguiremos traballando para reducir o tráfico".

Arroxo explicou que “seguiremos traballando para que o resto de institucións se impliquen nesta posta en valor da Muralla de Lugo”. Segundo o Tenente Alcalde é inaceptable que os orzamentos da Xunta leven unha vez máis "partidas irrisorias" para a rehabilitación do barrio da Tinería. Un barrio no que desde a chegada do PP ao goberno galego só se rehabilitou unha casa cada 4 anos. "Un PP que no 2009 renunciou ao proxecto de recuperación do Pazo de Dona Urraca, un proxecto que xa estaba adxudicado e polo que houbo que gastar cartos públicos en indemnizar á empresa para que non se executase a rehabilitación".

"Ante isto, o modelo que executamos desde a Tenencia de Alcaldía é o de converter a Muralla de Lugo nun dos mellores monumentos do planeta, para nós e para a maioría das veciñas e veciños de Lugo xa o é, e seguiremos traballando neste camiño", afirmou Arroxo.

"Chegamos ao goberno co obxectivo de apostar pola cultura local, apoiando o traballo das e dos artistas de Lugo e recoñecendo a súa calidade”,explicou Rubén Arroxo, que engadiu "seguiremos a encher as rúas e prazas de actividade cultural, porque a cultura ten que estar na rúa, ao alcance da veciñanza, tal como fixemos e seguiremos facendo".

Rubén Arroxo destacou o traballo realizado durante este ano de cara a dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. "Hoxe podemos ver estes espazos cheos de vida, ocupados por novas xeracións de vendedoras e vendedores que continúan a achegar productos de calidade a estas dúas instalacións históricas que contan cun emprazamento totalmente renovado", afirmou o tenente alcalde Arroxo afirmou que "seguiremos traballando para avanzar no cambio desta cidade, construíndo un Lugo para que a veciñanza de Lugo poida desfrutar del", e marcou como obxectivo para 2023 "continuar o traballo para que Lugo sexa unha cidade máis marabillosa do que xa é, tanto para vivir como para visitar".

0.20043683052063