Rubén Arroxo informou dun novo récord de usuarios no autobús urbano de Lugo

LugoXa
O tenente alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo, afirmou que "as veciñas e veciños de Lugo están a usar máis que nunca o transporte público"
autobús-urbano-de-Lugo
6 Nov 2024

O tenente alcalde e responsable de Mobilidade del Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou dun novo récord de usuarios no autobús urbano, con 220.870 billetes expedidos en outubro.

Arroxo sostivo que se trata "non só do mellor mes de outubro desde que se gardan rexistros, senón que é o maior dato de usuarios rexistrado nun só mes"

O tenente alcalde e responsable de Mobilidade, Rubén Arroxo, afirmou que "as veciñas e veciños de Lugo están a usar máis que nunca o transporte público, un cambio de tendencia que vai da man cos cambios na mobilidade que transformaron a cidade nos últimos anos"

Así, anunciou que o mes de outubro de 2024 foi o mes con maior número de usuarios no bus urbano "non só contando os datos históricos do mes de outubro, senon tendo en conta todo o ano".

A marca de 220.870 billetes expedidos supera a marca de outubro de 2019, o antigo maior dato histórico de usuarios en máis de 1.000 billetes, e a marca de outubro de 2023 en 28.958 billetes.

0.18950819969177