Rubén Arroxo mantén un encontro coa nova directiva da asociación veciñal de Conturiz

LugoXa
O tenente alcalde destacou a coordinación das áreas municipais para mellorar espazos públicos e fomentar a participación cidadá
directiva-nova-directiva-asociación-veciñal-Conturiz
23 Jan 2026

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo unha reunión coa nova directiva da asociación veciñal de Conturiz, no marco dun proceso de “escoita activa” das necesidades das veciñas e veciños de todos os barrios e zonas periurbanas da cidade.

Durante o encontro, Arroxo salientou o traballo desenvolvido desde as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía, “mellorando os espazos públicos desde infraestruturas, colaborando en festas e celebracións desde Cultura e achegando actividades ás asociacións desde a área de Participación”. Engadiu que “traballamos en conxunto para que o tecido veciñal de Lugo poida desfrutar da cidade independentemente da zona na que se atope cada persoa”.

O tenente alcalde subliñou que a coordinación das distintas áreas municipais facilita “fortalecer o tecido comunitario e animar á veciñanza a participar activamente”. Para Arroxo, a actividade de goberno baséase en “mellorar os espazos onde viven as veciñas e veciños ao mesmo tempo que facemos obras que melloren a cidade”, e destacou que “ao planificar o traballo a realizar é obrigatorio ter en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven”.

Durante a xuntanza, Rubén Arroxo aproveitou para felicitar á nova directiva da asociación de Conturiz e asegurou que “seguimos a traballar desde todas as áreas de goberno para mellorar a vida e o día a día de todas e todos os lucenses”.

⚙ Configurar cookies
0.18764495849609