Rubén Arroxo recibiu no Concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Francia

LugoXa
Arroxo deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou que "Lugo conta cunha gran riqueza"
estudantes-de-Francia-en-Lugo
26 Nov 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, recibiu no Concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Francia que están a realizar un intercambio no IES Muralla Romana de Lugo a través do programa Erasmus. Arroxo agradeceu ao grupo "que escolleran Lugo para continuar os seus estudos".

Arroxo deu a benvida aos estudantes de Erasmus e animounos a visitar Lugo máis adiante, e destacou que "Lugo conta cunha gran riqueza patrimonial, etnográfica, cultural e gastronómica, que nos converten nun sitio ideal para visitar sen sufrir as grandes masificacións de outras zonas turísticas", e engadiu "as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para destacar o potencial de Lugo e converternos nunha cidade referencial á hora de visitar Galicia".

Ademais, mantivo un encontro co grupo e compartiu con estudantes e profesores a historia da cidade e do Concello, ademais de amosar os restos romanos que se poden ver nas dependencias municipais.

0.17357707023621