Rubén Arroxo sostivo que desde o Goberno local traballan "para seguir mellorando a cidade"
O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños da contorna da estación do tren.
Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.
Arroxo mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade e afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo.
"Traballamos para seguir mellorando a cidade", afirmou Arroxo, que engadiu "desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo".
A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida por Rubén Arroxo, é a encargada de servizos importantes para toda a veciñanza, encargándose de cuestións como o calmado do tráfico, "unha das principais reclamacións das veciñas e veciños de Lugo", explicou. E destacou que "nos últimos anos avanzamos enormemente nesta cuestión, mais seguimos traballando para continuar a aumentar a seguridade viaria nas zonas urbanas e periurbanas".