Ruta teatral, mesas de debate, música e xogos populares na nova edición do Son D'Aldea

LugoXa
Achégase a XIII edición de Son D'Aldea, que se organiza en Palas de Rei os días 6 e 7 de setembro
son de aldea 2023
1 sep 2024

Achégase a XIII edición de Son D'Aldea, que se organiza en Palas de Rei os días 6 e 7 de setembro e coa que colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O venres terá lugar unha mesa de debate sobre os axentes sociais do medio rural moderado por Santiago Prado Conde e que contará coa participación de David García-Romero, Dani Baliñas e Sara Rodríguez. Seguiralle un debate sobre o atrincheiramento rural-urbano da man de Rogelio Santos Queiruga.

A xornada debate porá o foco de atención na diversidades de axentes sociais no medio rural e en temáticas que están na palestra actual e que permitirán dialogar, debater e, sobre todo, compartir coñecementos, perspectivas varias e establecer afrontamentos e achegas.

Tamén se presentarán os novos libros, ás 19.30 horas, de Adela Figueroa Panise e de Pala Carballeira, Fernando García Penas, Xosé Castro e Afonso García Penas e de Paula Carballeira e finalizarán cunha cea. O domingo organizarán a partir das 10.30 horas a ruta teatral O valor da auga con escenas pola aldea e soutos e carballeiras da Graña. O xantar terá lugar en Santiasgo de Albá e farán a entrega de premios, así como unha tarde de xogos populares a partir das 17.30 horas. Os asistentes poderán gozar da actuación de Sheila Patricia dende as 19.30 horas e de Tiruluque ás 21.00.

A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación da cita na que a área provincial colabora, a
través do Servizo de Publicacións, na edición do libro “A Despedida”, que recolle o traballo realizado na anterior edición do festival. Castro destacou a importancia desta cita que “recupera as tradicións e promove o uso o galego de Palas de Rei e da zona, por esta razón colaboramos coa edición do libro que permite gardar testemuña do Son d’Aldea pero tamén da lingua. Ademais achegamos a nosa música co concerto de Sheila Patricia, que o sábado soará a partir das 19.30h.”

Son D ́Aldea 2024
0.18948006629944