Sae a licitación a redacción do Plan Xeral de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade sacou a licitación a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello, cun orzamento de 85.881 euros.
VISTA AEREA PLANO RABADE
22 Abr 2021

O Concello de Rábade sacou a licitación a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello. O orzamento base para este contrato é de 85.881 euros e as empresas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o próximo día 5 de maio.

Segundo se explica no prego de licitación, establécese un prazo de execución de catro anualidades, polo que se estendería ata o 2024.
As tres primeiras están dotadas cun total de 17.176 euros e a do 2024 estaríao cun total de 34.352 euros.

Malia estes prazos, o obxectivo do Concello é ter listo o Plan en dous anos, xa que moito do traballo xa está feito, como a topografía, planimetría e inventario, que se prepararon para o PXOM elaborado no ano 2008. Documento anulado polo Tribunal Supremo, ao carecer dun informe da Confederación Hidrográfica. Coa anulación do PXOM do 2008, o Concello volver a rexirse polo planeamento do ano 1977.

O Concello xa anunciara que os 85.881 euros cos que se custeará esta nova redacción do PXOM provirán de fondos da Xunta de Galicia, que a finais do ano pasado adquiriu o compromiso de sufragar a totalidade dos gastos de redacción do novo plan a través dunha partida da Consellería do Medio Rural.

0.20206618309021