Salva Arco acenderá as luces do Nadal de Lugo o vindeiro 5 de decembro

LugoXa
A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará sobre unha plataforma de 8x8 metros
Nadal-de-Lugo
19 Nov 2024

O ex xogador do Breogán e actual director xeral do Club de Baloncesto Breogán, Salva Arco, será o responsable de acender as luces de Nadal do Concello de Lugo o vindeiro 5 de decembro.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18.00 a 00.30 horas durante a semana, e de 18.00 a 03.00 as fins de semana e vésperas de festivos.

Este ano, colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse máis de 100 farois.

Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz.

Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces.

A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará sobre unha plataforma de 8x8 metros, contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.

0.19718408584595