San Martiño de Goberno celebrará as súas festas esta fin de semana

A parroquia de San Martiño de Goberno, no municipio de Castro de Rei, celebrará as súas festas na honra a San Martiño esta fin de semana, 30 e 31 de maio, cun programa relixioso e musical para todos os asistentes.
Os actos comezarán o sábado ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra. Pola noite continuará a celebración cunha verbena a cargo da mesma formación musical.
A programación continuará o domingo 31 ás 13.45 horas cunha nova misa solemne e posterior sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo dúo Carlos y Javi.
A organización tamén informou de que o recinto contará con campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento da festa independentemente das condicións meteorolóxicas.
As festas contan coa colaboración do Concello de Castro de Rei.