A parroquia de Bacurín, en Lugo, celebra o San Miguel
LugoXa
As patronais comezan o sábado con misa solemne dende as 13.30 horas e sesión vermú
27 sep 2024
A parroquia lucense de San Miguel de Bacurín celebra as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana. As patronais comezan o sábado con misa solemne dende as 13.30 horas e sesión vermú coa orquestra Escaparate, que amenizará a verbena xunto co Dj Casanova. O domingo continúa o programa con misa solemne de novo e unha sesión vermú protagonizada polo dúo Elixir.