San Pedro de Arxemil celebra as súas festas

LugoXa
San Pedro de Arexemil, parroquia do municipio lucense do Corgo, celebra as súas patronais
Fogos artificiais
5 sep 2024

San Pedro de Arexemil, parroquia do municipio lucense do Corgo, celebra as súas patronais. A romaría na honra á Virxe dos Remedios terá lugar os días 6, 7 e 8 de setmebro. O programa comeza o venres cunha cea veciñal no campo da festa, seguida dunha verbena amenizada por Punto Clave e o Dj Miguel Cendoi.

O sábado tamén haberá verbena dende as 23.00 horas. A sesión estará protagonizada polo Dúo Eclipse que non actuará só, pois os asistentes tamén poderán gozar do DJ Casanova e a disco móbil Cocomusic. A festa continúa o domingo con misa solemne e procesión dende as 13.00 horas e sesión vermú co Dúo La Hora Bruja.

san pedro de arxemil
0.16662788391113