San Pedro de Mera prepárase para a 9ª Festa da Xuventude

LugoXa
O cartel musical deste ano contará coa actuación de Cinema e do recoñecido DJ Adolfo Valiño
Festa-da-Xuventude-de-Mera-Lugo-2022
28 Feb 2025

O vindeiro 5 de abril de 2025, a localidade de San Pedro de Mera (Lugo) celebrará a 9ª edición da Festa da Xuventude, un evento que promete unha noite chea de música, gastronomía e diversión.

O cartel musical deste ano contará coa actuación de Cinema e do recoñecido DJ Adolfo Valiño, que porán o ritmo nunha festa que se converteu nunha cita imprescindible para a mocidade da zona.

Ademais, quen merque a camiseta oficial do evento por 15 euros poderá gozar dunha cena de balde, que incluirá empanada, churrasco, sobremesa e café.

As camisetas están dispoñibles en varios puntos de venda, como Peluquería Sabela, Centro Muñoz Balaguer, Tenda Bicos de Mami, Mesón de Crecente, Taberna Rodrigo, Carnicería Chus e José e Talleres San Pedro.

O evento desenvolverase nun campo cuberto con carpa, garantindo a diversión sen importar as condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.15493202209473