San Román de Cervantes acollerá o 9 de maio a VI Feira en defensa do gandeiro de montaña

LugoXa
A cita reunirá venda de gando, maquinaria agrícola, música tradicional, concursos e un sorteo de 500 puntos
Feira-en-defensa-do-gandeiro-de-montaña-Cervantes
29 Apr 2026

San Román de Cervantes, nos Ancares, celebrará o vindeiro 9 de maio de 2026 a VI Feira en defensa do gandeiro de montaña, unha xornada pensada para poñer en valor o traballo do sector agrogandeiro nas zonas de montaña e dinamizar a actividade económica e social da contorna.

A feira contará con venda de gando, así como exposición e comercialización de maquinaria agrícola e vehículos. Ademais, a organización anuncia a presenza de pulpeiros, comerciantes e música tradicional ao longo de toda a xornada.

O programa arrancará ás 08.00 horas coa recepción do gando e a recollida de credenciais. Ás 10.00 horas terá lugar a votación do xurado segundo as categorías a premiar, mentres que ás 11.00 horas haberá actuación musical a cargo de Os Xardois e Os Gatoleiros.

Ás 12.00 horas celebrarase a poxa de xovencas de Acruga e, xa ás 13.30 horas, procederase á entrega de premios. Pola tarde, ás 16.30 horas, a animación correrá a cargo de Tania e o seu acordeón.

Un dos momentos destacados será o sorteo de 500 puntos, previsto para as 19.00 horas. Segundo a organización, entregarase unha rifa por cada consumición realizada nos bares da feira.

Como en edicións anteriores, tamén haberá concurso de vacas das razas asturiana dos vales e rubia galega. A xornada pecharase ás 20.30 horas, coa convocatoria para a seguinte edición, prevista para o 8 de maio de 2027.

0.11729001998901