San Xoán de Apregación está de festa a fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
O grupo Sensaciones será o encargado da verbena do sábado, na que tamén actuará DJ Seijo
festas-fogos-artificio-patronais
28 Aug 2026

A localidade friolense de San Xoán de Apregación celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe do Carme.

O sábado está previsto un oficio relixioso ás 12.45 horas seguido da tradicional sesión vermú que estará ao cargo do grupo Sensaciones. Este mesmo será o encargado da verbena, na que tamén actuará DJ Seijo.

O domingo, despois do oficio relixioso ás 12.45 horas, actuará o dúo Élite en sesión vermú, para poñer o punto e final ás festas.

0.14952802658081