San Xoán de Pena comeza as súas festas

LugoXa
O sábado a partir das 21.30 horas terá lugar a churrascada veciñal e verbena co dúo EPO-K
festas-patronais
Foto de arquivo
5 Xul 2024

San Xoán de Pena celebra as súas festas na honra a San Xoán e á Virxe do Carme o 6 e 7 de xullo. O sábado a partir das 21.30 horas terá lugar a churrascada veciñal e verbena co dúo EPO-K. As celebracións continúan o domingo con misa solemne cantada e procesión.

Tamén haberá sesión vermú da man dunha banda de música e do Dúo Aixa que tamén amenizará o balde de tarde. Nesta xornada os máis cativos tamén poderán gozar de xogos. A verbena estará a cargo de Los Satélites que ofrecerá un pase único.

0.19179487228394