San Xorxe de Augasantas celebra as súas festas con tres días de música e tradición en Palas de Rei

A parroquia de San Xorxe de Augasantas, en Palas de Rei, acollerá do 24 ao 26 de abril as súas festas na honra ao patrón, cun programa que mestura tradición relixiosa e animación musical ao longo de tres xornadas.
O venres 24 dará comezo a celebración cunha verbena nocturna a cargo do dúo Os Trasnos e da orquestra Marbella, encargados de inaugurar o ambiente festivo.
O sábado 25 celebrarase a misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada por Punto Clave. Pola noite, a festa continuará coa actuación deste grupo xunto á orquestra Acordes.
O domingo 26 terá lugar a última xornada, tamén con misa solemne ás 13.00 horas, procesión e unha sesión vermú longa coa charanga Era Visto, que porá o peche ás festas.
A organización contará ademais cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento dos festexos.