Sandra Lodi presenta en Lugo a súa obra premiada 'ADELINA'

LugoXa
A banda deseñada, gañadora do Premio Castelao 2024, será presentada o venres 16 de xaneiro na libraría Trama
Sandra-Lodi
11 Jan 2026

O venres 16 de xaneiro, ás 19.00 horas, a libraría Trama de Lugo acollerá a presentación de ADELINA, banda deseñada de Sandra Lodi galardoada co Premio Castelao de Banda Deseñada 2024. A autora estará acompañada de Alberto Guitián, debuxante e humorista gráfico, quen participará na actividade e enriquecerá o diálogo co público.

Sandra Lodi é ilustradora, deseñadora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, período no que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Brera en Milán.

Ao longo da súa carreira, recibiu numerosos recoñecementos. En 2019 foi galardoada co Segundo Premio Curuxa de Humor Gráfico do Museo Xaquín Marín, e en 2021 a súa obra pictórica foi seleccionada na XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico. En 2022 obtivo o Primeiro Premio no combate mural do Culturbán en Lugo, e en 2023 foi premiada no IV Certame de Pintura do Festival de Cans. En 2024 recibiu o IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns, publicada en Editorial Galaxia, e ilustrou Sucos, de Ignacio Vidal Portabales (Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2023), publicado na colección Árbore de Editorial Galaxia.

⚙ Configurar cookies
0.078804016113281