Santa Cristina de Areas celebra as festas de San Lucas do 16 ao 18 de outubro

LugoXa
A programación inclúe cea popular, misa, sesións vermú, música en directo, pulpo e verbenas durante tres xornadas
fogos-artificiais-festas
4 Oct 2026

Santa Cristina de Areas, en Antas de Ulla, celebrará as festas na honra a San Lucas entre o venres 16 e o domingo 18 de outubro, con tres xornadas nas que a música, a gastronomía e as actividades tradicionais serán as protagonistas.

Os festexos comezarán o venres 16 ás 21:30 horas cunha cea popular, para a que será necesario reservar previamente no teléfono 619 906 206. O prezo será de 27 euros por persoa, mentres que os menores de 10 anos poderán asistir de balde. As reservas poderán realizarse ata o 13 de outubro. A xornada rematará cunha verbena amenizada polo Dúo Principal e a Discomóbil Eravisto.

O sábado 17, a programación continuará ás 13:00 horas cunha misa e, a continuación, unha sesión vermú coa Banda O Folión. A partir das 21:00 horas haberá servizo de pulpeiro, tamén con reservas no teléfono 619 906 206. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquestra Charleston Big Band e da Charanga Eravisto.

As festas rematarán o domingo 18 cunha misa ás 13:00 horas e unha sesión vermú coa Banda de Música de Antas de Ulla. Ademais, durante as celebracións haberá un campo cuberto con carpa para facilitar o desenvolvemento das actividades.

Desde o Concello de Antas de Ulla animan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nestas xornadas festivas de encontro e celebración.

0.1161470413208