Santa María do Pacio celebrará o 18 de xullo unha churrascada popular

LugoXa | TerraChaXa
O evento dará comezo ás 21.30 horas e está aberto á participación de veciñanza e visitantes que o desexen
churrascada-popular-pacio
12 Jul 2026

A parroquia de Santa María do Pacio, no concello de Friol, acollerá o vindeiro 18 de xullo unha churrascada popular organizada pola Asociación de Veciños de Santa María do Pacio e pola Comisión de Festas 2026.

O evento dará comezo ás 21.30 horas e está aberto á participación de veciñanza e visitantes que desexen compartir unha xornada de convivencia arredor da gastronomía tradicional. A organización fixou o prezo dos tíckets en 25 euros por persoa.

As persoas interesadas en asistir poden realizar a súa inscrición contactando cos membros da organización a través dos distintos teléfonos habilitados para a reserva de prazas.

A churrascada enmárcase dentro das actividades festivas e sociais promovidas pola asociación veciñal e pola comisión encargada de preparar as celebracións do próximo ano, co obxectivo de fomentar a participación cidadá e fortalecer os lazos de convivencia na parroquia.

 

0.13152098655701