Santiago de Ferroi, en Guntín celebra as súas festas
LugoXa
O programa comeza o sábado 14 con misa solemne, procesión, sesión vermú e verbena
5 sep 2024
Santiago de Ferroi, parroquia de Guntín celebra as súas festas na honra a Virxe dos Dores neste mes de setembro. Os veciños poderán desfrutar dun programa durante tres días cargados de música e gastronomía, con procesións, sesións vermú, verbenas e tamén unha churrascada veciñal.
O programa comeza o sábado 14 con misa solemne ás 13.30 horas, seguida de procesión da man de Os 2 Tradis. Tamén haberá sesión vermú co grupo Carpe Diem, que amenizará a verbena a partir das 23.30 horas. O domingo 15 de novo terán misa solemne, procesión con Os 2 Tradis e sesión vermú longa co grupo La Conexión. A festas rematan o venres 20 de setembro cunha churrascada popular seguida da actuación do dúo Eclipse e Carballas.