Santos solicita o material que non quere a alcaldesa de Lugo

TerraChaXa | LugoXa
José Ángel Santos, alcalde de Friol, pide á alcaldesa de Lugo que dispense ao Concello de Friol o material e os equipos de protección recibidos por parte da Xunta de Galicia que non ten pensado empregar.
92587111_2857940874255066_6855346289266130944_n
7 Apr 2020

José Ángel Santos, alcalde de Friol, pide á alcaldesa de Lugo que dispense ao Concello de Friol o material e os equipos de protección recibidos por parte da Xunta de Galicia que non ten pensado empregar.

Segundo avanzan algúns medios de comunicación, a alcaldesa Lara Méndez expresou o seu malestar por recibir equipos de protección, proporcionados pola Xunta de Galicia, que ao parecer, parte dos mesmos teñen vencida a data de utilización, segundo a rexedora, unha porcentaxe do devandito material non cumpren cos estándares de calidade suficiente, "aínda sabendo que desde o Ministerio de Sanidade aconséllase ás distintas administracións que se utilicen ditos equipos protectores como medidas de protección cara á poboación, pero tamén, para apaliar o desabastecemento que na actualidade estamos a sufrir destes equipos no país", explica.

O alcalde de Friol fíxose eco desa noticia, explicando que se existen equipos de protección en mal estado ou deteriorado deben ser retirados, como está seguro que desde a Administración autonómica fará se fose ese o caso, pero por outra banda, e coñecendo polos medios que segundo a alcaldesa de Lugo tampouco utilizarán os equipos que actualmente están fóra da data da súa utilización, pero que non se aprecia ningún dano, considera o rexedor, "que ante esta situación de pandemia que estamos a sufrir e ante a gravidade coa que está a actuar na sociedade o Covid 19, sería por tanto, medorento e unha irresponsabilidade desaproveitar eses equipos dos que dispoñemos desde as administracións, neste caso, o Concello de Lugo".

Por tanto, o rexedor, insta á alcaldesa de Lugo a que se continúa coa idea de non utilizar eses medios de protección que ten á súa disposición, "que á maior brevidade posible os transfira ao Concello de Friol, para que desde esta administración local e unha vez revisados, se poñan a disposición tanto dos traballadores municipais como da poboación do municipio friolense".

0.16565799713135